Skip to main content
O Incio

O Concello do Incio fallou o concurso de decoración de vivendas polo Nadal

Por 8 Xaneiro, 2022Xaneiro 9th, 2022Sin comentarios

O Concello do Incio fallou o concurso de decoración de vivendas polo Nadal que contou cun total de 16 participantes de diferentes parroquias do municipio.

O xurado que estivo formado por Begoña Otero Fernández, directora do C.E.I.P. Ricardo Gasset do
Incio, Mª Elena Rodríguez Losada, monitora do obradoiro de emprego de Bóveda, O Incio e Brollón e Asier Maceda González, administrativo do Concello do Incio, determinaron cales foron os gañadores.

Este concurso consistía na decoración de vivendas, fachadas e balcóns polo Nadal, coa finalidade de promover e contribuír a crear un ambiente festivo no Concello nesta datas.

Unha vez realizadas as visitas ás vivendas participantes no concurso determinaron que o primeiro premio cun valor de 150 euros fose para Luís López Arias pola súa decoración en Barreiro (San Pedro do Incio), o segundo premio valorado en 100 euros é para Pilar López Vide de A Cruz do Incio. Os dous terceiros premios, cun valor de 25 euros cada un son para Silvia Macía Díaz de Hospital do Incio e Manuel Veiga Veiga de Dontide.

Os participantes recibirán os seus premios nos vindeiros días.