Skip to main content
O Incio

A rede eléctrica do Incio contará cunha inversión de case 100.000 euros para a súa mellora

Por 12 Xaneiro, 2022Xaneiro 13th, 2022Sin comentarios

O Concello do Incio acaba de recibir a autorización administrativa previa e de construción da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para as obras de mellora dunha instalación eléctrica que conta cun orzamento de 98.480 euros.

A empresa que realizará as obras será Unión Fenosa Distribución, nun prazo máximo de 12 meses . As actuacións contarán cunha liña aérea de media tensión a 20kV cunha lonxitude de 40 metros de vano a retensar, unha liña subterránea de media tensión a 20kV cunha lonxitude de 117 metros en condutor RXHZ-240 mm. E un compacto telecontrolado, na cal se instalarán dúas celas de liña e unha de protección.

As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no proxecto de execución, debendo realizarse a dirección de obra polo técnico competente. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manteñen as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberán cumprise as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación.