Skip to main content
O Incio

O PSOE do Incio leva propostas ao Concello sobre o investimento da partida do Plan Único da Deputación

Por 17 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Plan Único da Deputación deixará no Incio unha partida de preto de 290.000 euros. O PSOE propuxo unha serie de melloras e actividades nos que inverter o diñeiro a prol da veciñanza e do municipio.

Entre as propostas do grupo socialista atópase a mellora de varias estradas en mal estado e a construción dunha pista de pádel, un dos deportes que está máis en auxe tanto en novos como en maiores. Relacionado co deporte, propoñen tamén a realización de actividades deportivas ao aire libre para aqueles veciños de maior idade.

Os socialistas aproveitaron para solicitar unha inversión en compra de material de prevención para axudar aos negocios do Concello a sobrelevar a situación que está a causar a Covid-19.

Ademais, propoñen un incremento na contratación de persoal de obras e servizos xa que, na actualidade, o Concello conta con 54 parados a maioría deles maiores de 45 anos.

En canto a actividades culturales, o PSOE propón que se retome a celebración da Feira de Artesanía e Etnografía. Debido á Covid 19 leva sen celebrarse dous anos e está a perder o valor ao non realizar ningún tipo de actividade online ou publicitaria.