Skip to main content
Láncara

O Pazo de Raxoi será o espazo no que se presentarán os premios Facer País da Asociación Val de Láncara

Por 16 Xaneiro, 2022Xaneiro 17th, 2022Sin comentarios

A asociación cultural Val de Láncara mantivo un encontro co Consello da Cultura Galega no pazo de Raxoi en Santiago para tratar entre outros temas, que a sede do Consello na Praza do Obradoiro, sexa o lugar da presentación das vindeiras convocatorios do premio Ramón Piñeiro, Facer País.

O premio Ramón Piñeiro, Facer Pais naceu no 2002 co fin de recoñecer ás persoas, grupos, institucións e colectivos que traballan a prol da cultura de Galicia. Na edición pasada, a número 19 os premiados foi para Luar na Lubre.

Este premio concede moi bo prestixio aos gañadores malia que non outorga unha dotación económica.

Ademais de Luar na Lubre e de Xurxo Souto, foron galardoados con este premio personaxes coma Xosé Neira Vilas, Marica Campo, Agustín Fernández Paz, Margarita Ledo, Isaac Díaz Pardo e Luís Tosar, entre outros.