Skip to main content
Láncara

Dan comezo os traballos de limpeza e mellora nas antigas vías do tren da Pobra de San Xiao

Por 19 Xaneiro, 2022Xaneiro 20th, 2022Sin comentarios

Dende que o Concello de Láncara adquiriu os terreos da antiga vía de tren son moitas as posibilidades de aproveitamento deste espazo. Para comezar, están a limpar e adecuar o entorno para que os veciños e veciñas poidan utilizalo como ruta de paseo.

Para levar a cabo estes traballos de limpeza e mantemento será o persoal municipal e a maquinaria da Deputación provincial os encargados de eliminar os residuos, a maleza, e todo aquilo que supón un risco para a seguridade da veciñanza. Na antiga vía estase a aplanar o terreo, estendendo pedra que a posteriori se cubrirá de area. Facendo así un acceso máis cómodo para os cidadáns.

No proxecto tamén se contempla a plantación de diferentes árbores que lle darán a este espazo un lugar e zona verde de paseo e tranquilidade.

Estes terreos foron expropiados a Adif por 111.600 euros no pasado mes de decembro. A finalidade da compra deste espazo é o de reformar as instalacións e facer unha mellora importante nos accesos e conexións co centro urbano da Pobra de San Xiao.

O alcalde, Darío Piñeiro informou con anterioridade de que xa existe un plan especial, onde se contempla un espazo de zonas verdes, así coma unha rotonda que conecte a estrada LU-546 coa rúa Benigno Quiroga e a rehabilitación da estación e do almacén de ferrocarril para empregalo, entre outras cuestións, para actividades de carácter cultural.