Skip to main content
Láncara

A Asociación Cultural Val de Láncara repartirá entre os seus socios un calendario do ano 2022

Por 20 Xaneiro, 2022Xaneiro 21st, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural Val de Láncara repartirá entre os seus socios un calendario do 2022 ilustrado a través de fotografías que proxectan as actividades que realiza o grupo durante o longo do ano.

Cada mes está adicado a unha festa, actividade ou festexo propia dese período do ano. Por iso, en xaneiro as imaxes que ilustran o mes son os Reis Magos, en febreiro unha actuación musical, en marzo o entroido, en abril unha comida no campo, en maio os membros da asociación, en xuño outra actuación musical, en xullo unha actividade polo río, en agosto a festa da malla, en setembro as festas patronais, en outubro outra das actuacións, en novembro a entrega do premio Ramón Piñeiro, que na última edición foi entregado ao grupo musical Luar na lubre, e, en decembro unhas camisetas con Láncara de fondo.

Esta iniciativa pon en valor o traballo da Asociación polo Concello de Láncara e os seus veciños.

Nas últimas semanas, esta Asociación reuniuse coa Consellería de Cultura de Galicia para tratar diversos temas, entre eles, a presentación e celebración do galardón Ramón Piñeiro no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.