Skip to main content
Láncara

‘Láncara contigo no Nadal’ xa ten gañadores

Por 30 Xaneiro, 2022Xaneiro 31st, 2022Sin comentarios

Por segundo ano, o Concello de Láncara presentou o Concurso de Decoración de Nadal Láncara contigo no Nadal dirixido a Asociacións, grupos, comerciantes e particulares do Concello.

Esta iniciativa fomentaba a participación activa dos cidadáns de Láncara que colaboraron na inculcación dun ambiente decorativo de Nadal baseado en valores como o traballo xuntos, a igualdade, a fraternidade ou a cooperación, dispoñendo de elementos decorativos que proporcionen á localidade un ambiente acolledor e emocionante de Nadal, dar un papel activo aos cidadáns e grupos como fonte de desenvolvemento e intervención comunitaria na localidade, fomentando eses valores locais que se expoñen nas diferentes decoracións de Nadal, promovendo o uso de materiais reciclables como recurso educativo para os cidadáns a través da transformación do espazo.

Este concurso establecía dúas categorías, a categoría familiar que tiñan que realizar a súa montaxe no seu balcón, ventá, porta, fachada da casa ou xardín exterior. A gañadora nesta categoría foi María Isabel Mosquera Fernández. E a categoría colectiva na que podían participar as empresas, asociacións, grupos ou empresas privadas situadas no concello e que debía realizar a súa montaxe dentro do propio termo municipal, ben sexa unha comunidade de veciños, un barrio, rúa ou praza. A gañadora desta categoría foi María Carmen López López.

A decoración tiña que estar relacionada coa festividade do Nadal e os motivos tradicionais das mesmas, tendo os participantes total liberdade en canto a estilo e técnica.

Neste certame valorábase o deseño, a orixinalidade, a iluminación, o fomento dos valores locais, a cantidade e tipo de materiais reciclables empregados e o contido didáctico do proxecto.

O premio da categoría colectiva é un vale para gastar nos comercios do concello valorado en 300 euros mentres que a categoría familiar é un vale para gastar nos comercios do concello cun valor de 200 euros.