A unidade móbil da ITV está entre os días 3 e 9 de febreiro en Paradela para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas. Estará instalada na praza do mercado gandeiro.
As revisións faranse de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas todos os días.
Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.