Skip to main content
Samos

Samos volve convocar o concurso para o contrato de renovación eléctrica do Concello

Por 19 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Samos viuse obrigado a volver a sacar o concurso do contrato para a renovación de luminarias, mantemento eléctrico e subministro da enerxía. As empresas poderán realizar as súas ofertas ata o día 21 de febreiro.

Nun primeiro momento, este proxecto xa estaba licitado, e despois da presentación de alegacións contra os pliegos suspendeuse o proceso de contratación. O Concello aceptou a medida para impedir que este proceso se pospuxera no tempo.

O proxecto supón o cambio de 1300 luminarias led e 112 centros de mando que suporán un aforro enerxético.

Con isto, o Concello modificou as cláusulas e volveu a publicar a licitación. O contrato será de 12 anos e por un importe de 1,8 millóns de euros.

O Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (Idae) proporcionará unha axuda de 581.000 euros para a renovación do alumeado e instalacións.