Skip to main content
Sarria

Sarria contará coa visita dos Reis Magos mañá día 5

Por 4 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A programación de Nadal de Sarria porá o seu fin o día 5 de xaneiro coa última actividade programada, xa que a pista de xeo permanecerá na praza da vila ata o día 9 deste mes.

Despois dos contacontos, charlas informativas sobre a vila, a cabalgata de Papá Noel e o Apalpador, a programación rematará o día de mañá, mércores.

Os nenos e nenas de Sarria e as vilas de arredor poderán recibir aos Reis Magos de Oriente nunha cita que dará comezo ás 18.00 horas.

Melchor, Gaspar e Baltasar deixan Oriente por uns días para adicarse a encher de ilusión e sorrisos as vilas de Lugo, aproveitando a data para que os nenos lles fagan as súas peticións e desexos co fin de que na mañá do día 6, poidan desfrutar dos seus agasallos.

Debido á situación sanitaria que se está a vivir dende a organización pregan a máxima implicación dos veciños co uso da máscara e as medidas de seguridade sanitarias oportunas.