Skip to main content
Sarria

A terceira entrega do Mercadillo Quilate será este sábado 8 en Sarria

Por 7 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Este sábado, 8 de xaneiro, Sarria volverá celebrar o Rastrillo Quilate, unha cita orixinaria dos anos 90 e que volveu a celebrarse o pasado ano co obxectivo de recuperar a tradicional reunión de coleccionistas e vendedores de antigüidades.

Esta feira terá lugar na carpa no hotel Alfonso IX e contará cun total de 20 postos, 16 no interior da carpa e 4 no exterior. O aforo será limitado a un máximo de 76 persoas co fin de que sexa un evento seguro. A situación sanitaria actual chama á cautela e prudencia por iso, dende a organización, recordan que o uso da máscara e as distancias de seguridade é obrigatorio. Así como aseguran que a carpa estará ventilada en todo momento.

O horario será dende as 10.00 ata as 18.00 horas. O mercado especialista en coleccionismo e antigüidades está organizado por coleccionistas e anticuarios da zona contando co apoio do Concello.

O acceso á carpa pode realizarse dende o aparcadoiro do centro de saúde como dende o paseo do malecón.