Skip to main content
Sarria

Sarria súmase aos Concellos que ofrecen test de antíxenos gratuítos

Por 9 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Sarria contará cun novo punto para ofrecer test de antíxenos gratuítos destinado a aquelas persoas que o desexen e que sexan asintomáticas. Este novo punto de probas diagnósticas comezará a prestar servizo o vindeiro luns 10 de xaneiro.

Sarria sumarase xunto con Vilalba, Ribadeo e Viveiro aos puntos que xa están en funcionamento na actualidade, Lugo, Monforte e Burela. O obxectivo é o de detectar a incidencia da Covid impedindo así a súa transmisión e promovendo o ben común e a saúde dos veciños e cidadáns.

O lugar elixido para implantar o punto de realización de probas será a Casa do Marqués na praza da vila e prestará servizo os luns, mércores e venres en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas.