Skip to main content
Sarria

Este sábado o Buril acollerá aos Bar Ban Sónicos

Por 10 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A música punk rock nada nun garaxe chegará a Sarria o vindeiro sábado 15 de xaneiro da man dos Bar Ban Sónicos. A actuación terá lugar no Buril de Sarria ás 22.30 horas. A entrada terá un custe de 3 euros ou 5 se se quere mercar o EP.

O grupo formouse a principios do ano 2018 na Pobra do Caramiñal con Manel Casal na voz e guitarra, Amroth no baixo e coros e Abel Cores na batería

Os seus concertos destacan por ser enérxicos e contundentes con poucas concesións ao virtuosismo a ao onanismo instrumental.

No 2019 gravaron a súa primeira maqueta e realizaron a súa primeira xira de presentación por toda Galicia. No 2020 comezaron a gravación do seu primeiro álbum que se viu retrasado coa chegada da Covid-19 que, ademais, truncou os plans, obrigándoos a anular todas as actuacións previstas para o verán.

Nesta nova normalidade, decidiron sacar o EP de adianto Alimentando o nervio no mes de outubro de 2020 e deixar a publicación do LP para principios do ano 2021 á espera de mellores tempos para á música en directo. Na actuación que terá lugar o vindeiro sábado en Sarria presentarán o seu último traballo.