Skip to main content
Sarria

O 15 de xaneiro abren as inscricións para o XIV Campus Baloncesto no Camiño de Sarria

Por 13 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A organización abrirá as inscricións para a XIV Edición do Campus Baloncesto no Camiño o 15 de xaneiro.

O campus contará con 120 prazas de réxime interno e terá lugar do 16 ao 24 de xullo en Sarria. A actividade, está dirixida a nenos e nenas nados entre o 2005 e o 2014. E realizarán diferentes adestramentos e actividades ligadas ao baloncesto e tamén xogos na natureza e actividades culturais.

Entre as actividades que desempeñarán os cativos no campus están os adestramentos con adestradores superiores e licenciados en educación física, adestramentos de tecnificación, competicións de tiro, adestramentos en inglés, adestramentos de preparación física, xogos na natureza, actividades culturais e deportivas no Camiño de Santiago. Ademais, gravaranse os adestramentos de tecnificación para o súa posterior visionado e corrección de erros e, os campións das competicións recibirán un agasallo.

Os rapaces poden apuntarse en réxime interno ou réxime externo. O réxime interno inclúe aloxamento e pensión completa na residencia Escola Fogar, mentres que o réxime externo inclúe os adestramentos e a comida.

Este tipo de actividades pretenden promover e desenvolver o baloncesto dende a base, ofrecendo unha alternativa de diversión e aprendizaxe durante os meses de verán.

A idea xorde no ano 2009, cando tres profesionais do deporte, Miguel Ángel Hoyo, director do campus, Miguel Moreno, director de márketing e, Adrián López, responsable de equipos no equipo Club Baloncesto Sarria, unen as súas forzas e crean unha plataforma de promoción do baloncesto a nivel galego, nacional e internacional, co fin de consolidalo como unha alternativa de ocio saudable para os máis novos.