Skip to main content
Sarria

Estímase que a pasarela provisional da Ponte Ribeira de Sarria esté finalizada en febreiro

Por 13 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O inicio desta semana tamén foi o inicio da obra da pasarela da Ponte Ribeira de Sarria. Os traballos comezaron coas escavacións que permitirán a construción dun estribo sobre o cal se instalará a infraestrutura.

Con anterioridade realizáronse diversos traballos que acondicionaron a zona e prepararon a contorna. Esta obra permitirá a circulación dun único sentido e o paso peonil grazas á plataforma de 6,5 metros de ancho.

A obra, adxudicada polo Concello a Probisa, terá un custe de 109.819 euros mentres que os traballos de limpeza dos terreos achegados ao río foron adxudicados a Ovisa cun importe de 17.375 euros.

Esta actuación permitirá reabrir un paso que leva máis de sete anos pechado. Se todo continúa segundo o previsto, a pasarela estará habilitada no mes de febreiro.

Esta pasarela será de carácter provisional mentres se rehabilita a Ponte Ribeira, un paso que forma parte das 10 pontes francas que se atopan no Camiño Francés, desde Roncesvalles a Santiago. É unha infraestrutura que forma parte tamén do arraigamento dos sarriáns e dos galegos en xeral, dende hai séculos, ao tránsito de peregrinos pola xeografía da vila ata completar o Camiño.