Skip to main content
Sarria

O pavillón do Chanto en Sarria está a renovar a súa cuberta

Por 21 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Os pavillóns da comarca de Sarria están a sofrer obras para a súa mellora, comezaron co cambio de cuberta do pavillón de Oural. O tellado tiña filtracións que producían goteiras á pista de xogo, impedindo adestrar e xogar con normalidade en caso de inclemencias meteorolóxicas.

Tras esta actuación, nesta semana, comezaron tamén os traballos para cambiar a cuberta do Polideportivo de Sarria situado na Rúa Castelao. Malia que aínda ten 20 anos o tellado corría o risco de levantamento con fortes ventos e ademais, coa choiva, producíanse goteiras no interior do edificio. Tras un acordo entre o CB Sarria, a empresa adxudicataria e o Concello, chegouse ao entendemento de que as obras se executen no horario de 8.00 horas a 18.00 horas. Desta maneira, a actividade deportiva dos sarriaos apenas se ve afectada. Tan só os máis novos terán que adestrar nos pavillóns dos centros educativos, debido a que o seu horario é de 16.00 a 18.00 horas.

A empresa adxudicataria foi Umiametal que terá 20 días para a realización dos traballos que contan cun orzamento de 57.245 euros.

Estes traballos súmanse ao acondicionamento dos pavillóns dos institutos que constaron da renovación dos vestiarios con novas duchas e solo antiesbarante. Ademais, tamén se realizaron traballos de carpintería, repintado, reposición de azulexos, etc.