Skip to main content
Sarria

O BNG reclama un tren digno en Sarria cunha recollida de firmas

Por 22 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O BNG recolleu onte en Sarria sinaturas para reclamar un tren digno para a comarca. Dando continuidade á campaña Queremos tren que están a desenvolver en toda Galicia para demandar a mellora dos servizos ferroviarios, especialmente no interior do país, a formación nacionalista recadou firmas nun posto instalado na rúa Calvo Sotelo, onde estiveron o voceiro municipal e deputado provincial, Efrén Castro, e a deputada parlamentaria, Olalla Rodil, entre outros representantes do BNG local.

Olalla Rodil sinalou a necesidade de sumar este apoio social para reclamar ao goberno do Estado “a mellora do sistema ferroviario galego, cun servizo de proximidade que vertebre o territorio e cohesione a sociedade galega” algo que, concluíu, coa supresión de frecuencias e o deterioro dos servizo está hoxe moi lonxe.

Nesta liña, Efrén Castro apuntou que “a estación quedou case unicamente para os peregrinos e peregrinas que comezan aquí o Camiño de Santiago” xa que, explicou, “os escasos servizos que se ofrecen fan que o tren resulte inservible para que os veciños e veciños da comarca se comuniquen co resto do país ”