Skip to main content
Sarria

Novo proxecto de iluminación para as pistas de tenis de Sarria

Por 24 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O paso de tempo e o uso das instalacións deportivas fan mella nas mesmas, por iso, pasado un tempo é necesario realizar labores de limpeza e acondicionamento que aseguren que a práctica de deporte nas mesmas é axeitada e segura para os veciños.

Durante os últimos días as pistas de tenis de Sarria foron sometidas a traballos de eliminación de verdín. Ademais, estase a estudar un novo proxecto que permita a instalación de iluminación para que as pistas se poidan utilizar durante máis horas. Sobre todo no inverno onde os días son máis curtos.

Este novo proxecto esperase que se faga realidade no vindeiro mes de febreiro. Esta nova iluminación fomentará a realización de deporte ao aire libre. Os veciños aumentaron a súa participación neste tipo de deportes que carecen de contacto físico dende que a Covid-19 aterrou nas nosas vidas. O tenis e o pádel son dous dos deportes que están en maior auxe debido a súa seguridade en canto a posible contaxios.

A mellora nas pistas de tenis non foron as únicas actuacións en instalacións deportivas. Na actualidade estase a renovar a cuberta do polideportivo do Chanto que se encontraba en malas condicións, isto supoñía filtracións de auga que poñían en risco de esbaramento aos xogadores no interior do edificio.