Skip to main content
Sarria

A Deputación aprobou a remanente do Plan Único de Sarria

Por 29 Xaneiro, 2022Xaneiro 30th, 2022Sin comentarios

A Xunta de Goberno autorizou a solicitude de Sarria, para poder realizar novos investimentos con remanentes do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2021 da Deputación.

No caso de Sarria, o Concello poderá destinar 40.000€ a mellorar os accesos a Currial, Betote, Vilar de Lamas, San Andrés de Paradela e Bade. Tamén investirá uns 300€ en sinais reflectantes e equipamento para o matadoiro municipal.

O Goberno da Deputación de Lugo sacou adiante no Pleno ordinario celebrado en decembro as bases do Plan Único do ano 2022, que está dotado con 21,5 millóns de euros e que simplifica aos concellos a xestión dos fondos ao eliminar trámites administrativos intermedios. A proposta foi aprobada cos votos a favor dos grupos do PSdeG e do BNG, e coa abstención do Partido Popular.

O Plan Único inviste na comarca de Sarria máis de dous millóns de euros sendo Sarria a vila coa máxima partida, 500.000 euros, seguido de Láncara con 298.607,89 euros; a partida do Incio é de 289.486,97 euros, Paradela con 291.020,42 euros, O Páramo 245.691,31 euros e Triacastela 204.414,27 euros e Samos 282.251,29 euros.