Skip to main content
Muras

O día 1 abrirá o prazo para solicitar as axudas da luz en Muras

Por 23 Xaneiro, 2022Xaneiro 24th, 2022Sin comentarios

O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, anunciou mediante un bando que o próximo día 1 de febreir abrirase o prazo para solicitar, un ano máis, as axudas ao pago da factura da luz, que foron aprobadas no mes de xullo polo Pleno. O Concello destinará a este capítulo un total de 90.000 euros.

Nesta ocasión, ofrecen unha liña continuísta coas axudas outorgadas o ano anterior. Así haberá de novo dúas liñas de axudas, unha destinada aos autónomos, pequenas empresas ou explotacións agropecuarias radicadas no municipio, para subvencionarlles tamén o pago da factura da luz, cunha contía fixa de ata 1.500 euros.

Ademais, manterase a liña de sempre dirixida a subvencionar os gastos domésticos con unha subvención de ata 600 euros para cada familia. Para chegar á máxima cuantía o tope en fogares será con rentas inferiores a 15.000 euros.

Estas novas axudas volverán que se convocan todos os anos en febreiro, cubren os gastos do ano 2021.

O alcalde da localidade, Manuel Requeijo, manifestou que “estas axudas é o quinto ano que se aproban e está claro que están para quedarse e supoñen nestes momentos que vivimos unha axuda importante xa que por exemplo para un negocio pode supoñer a axuda o custe de dous meses de electricidade”.

As persoas que as soliciten deberán presentar o documento de solicitude acompañado das facturas do ano 2021, o certificado da conta bancaria para o ingreso, copia do IRPF de 2020, copia dos certificados de todos os ingresos e estar ao día nas obrigas tributarias.