Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

O Técor Terra Chá doa un ano máis carne de caza a un comedor social

Por 8 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Seguindo coa súa tradición anual o Tecor Terra Chá entregou a donación anual de carne o comedor social San Froilán de Lugo durante este Nadal.

Este ano foron 200 racións de xabaril envasada e certificada sanitariamente e lista para cociñar, unha especie apta para o consumo.

O comedar de San Froilán recibiu a carne de xabaril recentemente cazados nos terreos do propio tecor societario polas cuadrillas que participan nas batidas. Unha vez limpos e certificados sanitariamente, grazas á axuda da empresa xa nomeada Procifon, foron servidos durante este nadal.