Skip to main content
Abadín

Máis de cen pequenos e 40 maiores recibiron os seus agasallos en Abadín por Reis

Por 10 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Un total de 115 nenos e nenas do Concello de Abadín, e un total de 40 maiores do centro de día recibiron este Nadal os seus agasallos de man dos Reis Magos, que visitaron en primeiro lugar aos máis veteranos e posteriormente desprazáronse á casa consistorial, onde recibiron aos pequenos en diferentes quendas segundo a idade para non ter aglomeracións.

A cabalta de Reis é un dos actos centrais de Abadín e este ano non se puido celebrar por cuestións da pandemia pero si que os Magos visitaron o Concello pero cambiando o sistema.

O que se mantivo foi que cada un dos pequenos levou para casa o seu agasallo, que foi diferente en función do grupo de idade, de 0 a 3, de 3 a 6 e de 6 a 12. Así mesmo, houbo un bo recordo para os maiores do centro de día.