Skip to main content
Begonte

Óscar Cabana gaña o premio de Arte do Belén de Begonte

Por 5 Xaneiro, 2022Xaneiro 6th, 2022Sin comentarios

O xurado da XXXII edición do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán acordou conceder o Premio do mesmo nome, dotado con 1.500 euros e estatuíña de Sargadelos, á obra Avenida da Muralla (Lugo), da que é autor Óscar Cabana Picado, da Coruña.

O premio será entregado no decurso do acto de clausura de O Nadal de Begonte, a celebrar o 29 de xaneiro no Centro Cultural de Begonte.

Este certame foi convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán, de Begonte, e o xurado estivo formado por María José Gómez Rodríguez, xefa territorial de Cultura de Lugo; Aurelia Balseiro García, directora do Museo Provincial de Lugo; Gonzalo Sánchez Folgueira (Zalo), pintor; Mamuel Gulín Rodríguez (pintor), e Xulio Xiz Ramil, en representación do Centro convocante.

As obras participantes nesta edición do Certame seguirán expostas na sala da Delegación territorial da Xunta de Galicia en Lugo ata o próximo 15 de xaneiro. Do 17 ao 28 deste mes poderán ser visitadas na Casa da Cultura de Begonte.