Skip to main content
Begonte

O orzamento de Begonte centrarase no investimento

Por 11 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O goberno de Begonte foi un dos concellos da comarca que tamén aprobou o orzamento do ano 2022 antes do comezo do exercizo en curso. Este prespuesto aprobado ascende a un total de 2.979.930,8 euros, dos que 605.000 están dirixidos a investimento real. As contas rexistran un incremento con respecto a 2021, no que non chegaban a 2,8 millóns.

Este documento non inclúe varios dos orzamentos previstos como o convenio dun millón de euros subscrito con tres consellerías da Xunta para converter en conservatorio con auditorio o colexio de Baamonde. Si foi recollida nas contas a achega que debe realizar o Concello en materia de honorarios e proxectos, con partidas de 45.000 e 76.000 euros para o conservatorio e o auditorio, dentro do capítulo de investimentos reais.

En investimentos tamén destacan os 245.000 euros para a reparación da rede viaria municipal, así como 40.000 euros para facer fronte á anualidade correspondente á compra dunha nave no polígono de Begonte para gardar a maquinaria municipal.

O orzamento recolle tamén unha partida de 25.000 euros para os vestiarios da pista de pádel, situada no recinto do centro de saúde e o centro sociocultural e de recente apertura. Tamén se recolle un apartado para outra obra anunciada neste espazo, converter un dos tres edificios en desuso nunha Aula da Natureza, para o que contan cunha subvención de 35.000 euros. Nos outros dous edificios prevense rehabilitar co taller de emprego que está agora mesmo en marcha.

Seguirán cos proxetos de crear inmobles para aluguer social como a escola de Donalbai e a dotación de mobiliario da de Saavedra, xa restaurada, á que se destinan 25.000 euros.

A partida de gastos de persoal é similar á de investimentos, de en torno ao 20% do orzamento.