Skip to main content
BegonteFriolFriol TERRACHÁXA

O último artigo de Pablo Veiga neste medio gaña o premio de Xornalismo do Belen de Begonte

Por 20 Xaneiro, 2022Xaneiro 21st, 2022Sin comentarios

O último artigo que Pablo Veiga, colaborador deste xornal, publicou este mes en www.galiciaxa.com co título Medio século de ilusión vén de facerse co primeiro premio do concurso de xornalismo que convoca todos os anos o Belén de Begonte.

O premio está dotado con 600 euros e estatuíña de Sargadelos.

O segundo premio foi para Santiago Rodríguez López e o seu traballo O neno Deus naceu na cima da Guiza, dotado con 300 euros e estatuíña.

Ademais, o xuado decidiu conceder dúas mencións de honra tamén pola calidade dos traballos a Begonte, unha estrela dourada, publicado por Xoán Neira; e Detrás de cada ollada, de Ruth Fernández.

O xurado do XLVI Certame de Xornalismo Begonte e o Nadal, convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén Electrónico de Begonte, estivo formado por Javier Arias, delegado territorial da Xunta; José Ulla Rocha, alcalde de Begonte; Jesús Domínguez Guizán, presidente do centro cultural; Blanca Pacín, bibliotecaria; Xulio Xiz, xornalista, e José Rodríguez Gómez, que actuou como secretario.

Podes ler o artigo neste enlace.