Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Comezan as obras das beirarrúas en Castro de Rei

Por 10 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Comeza hoxe a execución da última fase das obras de remodelación das beirarrúas de Castro de Rei, que foron adxudicadas no mes de outubro e se espera que estén rematada no prazo de dous meses.

Así, dende hoxe, a empresa concesionaria está a traballar no tramo que comprende a rúa Emilio Sinde Nieto, entre o intersección da CP-1611 coa rúa Manuel Becerra ata o campo da feira,  un tramo corto pero que estaba en moi mal estado.

Segundo explica o alcalde, Francisco Baamonde, quedaría agora por rematar un tramo de beirarrúas de subida ao casco histórico da vila, “pero é unha obra algo menor porque non están tan deterioradas”.

Estas obras teñen un orzamento de 45.756 euros e serán realizadas con cargo ao Plan Único do ano pasado.

LUDRIO

Por outra banda, o alcalde comunicou tamén a finalización das obras de mellora dos accesos á parroquia de Ludrio, concretamente no tramo entre a N-640 ata o límite municipal co Concello de Pol. Esta obra contou cunha subvención da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e un orzamento total de 46.954 euros.

Os traballos consisten na limpeza e apertura de cunetas, regularización da superficie da vía con asfaltado en quente e sinalización. Esta obra permite mellorar o acceso á igrexa parroquial e ao centro do núcleo.

DEPURADORA

O Concello de Castro de Rei tamén está levando a cabo as obras de amplición e mellora da eficiencia enerxética da Edar de Castro Ribeiras de Lea, adxudicadas á empresa Demain SL por preto dun millón de euros (989.930 euros).

Esta obra conta tamén con outros orzamentos engadidos, como so 20.000 euros de gastos de redacción do proxecto e 31.000 de dirección de obra e coordinación de segridade e saúde, o que supón un total de 1.040.000 euros que destinará o Concello a esta actuación.

As obras están financiadas cunha subvención do IDAE de axudas a proxectos singulares das entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono. Esa axuda significará o 80% do custe total do proxecto, que supón para o Concello uns 240.000 euros.

A finalidade do proxecto consiste en reducir os verquidos, mellorando a calidade da deputación das augas residuais, duplicar a capacidade da depuradora, pasando de 350 metros cúbicos ao día a 700, e mellorar a eficiencia enerxética, transformando o reactor biolóxico existente nunha canle de decantación primaria e instalar dúas novas liñas de tratamento biolóxico, unha por cada 1.500 habitantes, así como un decantador troncocónico, o que permitará duplicar a capacidade da planta.

O proxecto conta coa autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e ten un prazo de execución de18 meses.