Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Amigos da Feira de Castro de Rei renova a directiva

Por 11 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A asociación veciñal Amigos da Feira de Castro de Rei vén de celebrar a súa asemblea xeral, no teleclub de Castro de Rei, na que se produciu a renovación da directiva da asociación, quedando presidida agora por Héctor Anllo Yebra.

Xunto a el estará como vicepresidente José Antonio Freire Castro; como secretario, Adrián Naval Novo; como vicesecretaria, Ana Freire Gallego e como tesoureira estará María del Carmen Uz Pérez. Tamén actuarán como vogais Gemma María Freire Rielo, Vera Rivas López e María Luísa Tejeda Veiga.

O novo equipo directivo quere agradecerlle “o seu traballo ás compañeiras e compañeiros que estiveron á fronte de Amigos da Feira desde o 2014 e tamén a confianza depositada polas socias e socios presentes na última asemblea xeral”.

A nova directiva comunicou a súa intención de comezar con novas actuacións “moi pendentes da situación sanitaria actual”.

A asociación ten unha gran actividade durante todo o ano pero a Festa da Malla é a celebración máis esperada do ano, e ten lugar no mes de agosto. Leva dous anos sen celebrarse debido á pandemia deixando a convocatoria parada na edición XIX.