Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

A CHMS asegura que espera resposta de Castro de Rei para mellorar o saneamento

Por 14 Xaneiro, 2022Sin comentarios

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, explica a problemática e as solucións dadas ao Concello de Castro de Rei para a ampliación do polígono industrial do municipio.

“Ante a solicitude de ampliación do Polígono Industrial de Castro de Ribeiras de Lea do Concello lucense de Castro de Rei, o Organismo de conca emitiu informe desfavorable ao non dispoñer dun sistema de saneamento con suficiente capacidade de depuración”, explicou Quiroga.

“A autorización para a ampliar o polígono de Castro de Ribeiras de Lea só será positiva se previamente soluciónase o problema de saneamento do municipio; a disposición para colaborar por parte da CHMS é absoluta, aínda que, hai que lembrar que as competencias en saneamento son municipais”, incidiu o presidente

“En 2016 a CHMS redactou senllos proxectos, un de mellora da rede de saneamento e outro de ampliación da EDAR e mellora da depuración de augas residuais, que supoñen un investimento de máis de 1.800.000 €”, explicou Quiroga. “A CHMS ofreceu, naquel momento, un cofinanciamento do 50%, que foi mellorada polo goberno actual ao 80%, tendo que achegar o goberno municipal o 20% restante, aínda que continuamos á espera da resposta do alcalde”, matizou o presidente

“A situación actual de abandono da EDAR e do sistema de saneamento que supón, por unha banda, unha deficiente depuración e, por outra banda, a entrada de augas limpas no sistema, é un problema que o alcalde de Castro de Rei debería de tomarse en serio, é un tema de competencia municipal que preocupa a este organismo de conca. Por iso, desde a CHMS mantemos o compromiso de financiamento e continuamos á espera do seu que exerza a súa responsabilidade como alcalde”, concluíu Quiroga.