Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O Concello de Castro de Rei fai o 7 a recollida de residuos voluminosos

Por 31 Xaneiro, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei procederá o día 7 de febreiro, á recollida de enseres domésticos voluminosos porta por porta.

Os interesados no servizo deberán chamar previamente ó teléfono 982 314 034 para informar dos enseres a recoller indicando nome, dirección e teléfono de contacto.

A recollida realizarase a partir das 8.00 horas de forma domiciliaria, debendo estar depositados os enseres en lugares accesibles para a súa carga co camión pluma. Os camións non entran nas fincas, polo que deben deixarse os enseres na pista de acceso ou preto do contedor correpondente.

Entre os residuos que se recollen admítense electrodomésticos, mobles, sofás, protas, cadeiras, caixas e listóns de madeira, persinas, xoguetes rotos, etc.

Por outra banda, aclaran que non se recollerán escombros, sanitarios ou obxectos xerados por reformas de vivendas.