Skip to main content
CospeitoDeportes TERRACHÁXA

Convocada de novo a IV edición da Quedada Lagoa de Cospeito para o 12 de xuño

Por 7 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O grupo BTT Lagoa de Cospeito celebrará o 12 de xuño a cuarta edición da súa quedada anual, cita que non se puido celebrar os pasados dous anos debido á pandemia do coronavirus.

Quedou mal sabor de boca non poder celebralo xa que as primeiras edicións tiveron unha gran aceptación por parte dos deportistas, que fixeron un percorrido por carballeiras e camiños de varias parroquias do concello, incluindo tamén sendeiros pola beira do río Támoga.

O trazado aínda está en proceso de definirse e o prazo de inscrición aínda non está aberto pero o  obxectivo é fixar esa data no calendario que podería suspenderse de novo se a situación sanitaria así o requerise.