Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol tramita a compra duns terreos para un proxecto social

Por 7 Xaneiro, 2022Xaneiro 8th, 2022Sin comentarios

Trátase dun solar duns 10.500 metros cadrados asentado na Rúa Carballal, no centro da capitalidade do municipio.

O Concello de Friol ten contemplado nos orzamentos deste ano 2022 unha partida duns 100.000 euros para materializar a compra destes terreos, unha parcela que parte da superficie está contemplada como solo urbano e unha porcentaxe está considerado o  uso rústico.

O alcalde José A. Santos xunto co Equipo de Goberno levan un tempo xestionado a compra cos titulares da mesma, neste momento a compra e unha realidade, a espera de tramitar toda a documentación necesaria para transferir a nome do Concello de Friol os ditos terreos.

A vez, tamén se está xestionando coa Consellería de Política Social a implantación nesa mesma parcela dun proxecto de tipo formativo e social, a estas alturas ambas administracións están elaborando conxuntamente un proxecto de execución  agardando que en breve este rematado con un importe definitivo de inversión.

Desde ambas administración móstranse esperanzadoras en que sexa unha realidade e comece a súa execución durante o presente ano, será un proxecto innovador e funcional para cubrir as necesidades de parte da demanda existente no sentido da formación, e da dependencia, así como tamén se contempla que sexa un proxecto con uso residencial.

Segundo José A. Santos, “móstrame satisfeito tal e como van as xestións entre ambas administracións, pero tamén a vez cauto, dado que estamos tratando de encaixar o importe ao que ascende a execución deste proxecto e son consciente da dificultade actual para articular unha inversión deste tipo por parte da Xunta de Galicia”

O Alcalde apunta a que en breve poidan presentar o proxecto final con todas as características e coa inversión definitiva, pero adianta que será un proxecto “necesario para cubrir as necesidades dunha parte da sociedade que ata o de agora non existían nin infraestruturas nin instalacións adaptadas para tal fin”, tamén di que “será un proxecto non solo importante para Friol, senón que tamén serán unhas instalacións fundamentais para toda a provincia e incluso para parte da nosa comunidade, dado que na actualidade non existe algo similar.