Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol e Afalu continuarán coa súa unidade preventiva de demencias

Por 10 Xaneiro, 2022Febreiro 20th, 2022Sin comentarios

Este servizo poderá levarse a cabo, polas persoas do municipio interesadas en participar, gracias a un convenio asinado entre o Concello de Friol e Afalu.

Unha gran parte da poboación de calquera municipio galego, sobre todo os rurais, é xente de avanzada idade. O Concello de Friol tamén cumpre esta “norma”, e por este motivo, dende o Equipo de Goberno consideran imprescindible impulsar programas que melloren a calidade de vida de estas persoas.

Para intentar conseguir esa mellora da calidade de vida dos maiores, e tamén facilitar a súa autonomía e independencia persoal, manter as capacidades e habilidades, fomentar a autoestima, previr a soidade non desexada e previr o deterioro cognitivo, o Concello de Friol asina un convenio con AFALU (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias).

Este convenio que asinan ten por obxecto a concesión dunha subvención por parte do Concello de Friol, por un importe de 20.000 €, para a financiación parcial de distintas actividades.

Realizarase un programa de prevención de demencias neurodexenerativas, envellecemento activo e prevención da soidade non desexada. As capacidades cognitivas que se exercitarán son linguaxe, reminiscencia, cálculo e resolución de problemas, atención, orientación, praxias, gnosias-esquema corporal-Estímulos sensoriais-funcións executivas, laborterapia, traballos manuais, debuxo e pintura, costura, xardinería, xerontoximnasia e psicomotricidade e socialización. 

A duración de este programa será anual, durante todo o presente ano 2022, e levarase a cabo dous días á semana en horario de tarde, con unha duración de unha hora e media cada sesión.

O alcalde José Ángel Santos destacou a importancia de este convenio con AFALU e dixo que “sempre estaremos traballando e loitando por conseguir beneficios para que os veciños e veciñas de maior idade, poidan mellorar a súa calidade de vida e teñan unha “excusa” e un punto de encontro para xuntarse e traballar desfrutando con estas terapias”.