Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol atendeu máis de 250 maiores con recursos e prestacións

Por 29 Xaneiro, 2022Xaneiro 30th, 2022Sin comentarios

Dende os Servizos Sociais do Concello de Friol foron atendidas algo máis de mil persoas, realizando unhas 250 solicitudes para acceder a distintos recursos e prestacións. Cabe destacar unhas 60 solicitudes de valoración de dependencia e 18 solicitudes de valoración de discapacidade realizadas por este servizo.

Durante o año 2021 foron atendidas un total de 150 familias a través do “Servizo de Axuda no Fogar”, con 33.898 horas recibidas nos domicilios das persoas usuarias. Estes datos reflexan que foron prestadas 3.000 horas máis que no ano 2020 e case 4.000 horas máis que no 2019.

Foron 110 as persoas usuarias recoñecidas con distinto grao de dependencia. Destacar que máis de unha terceira parte das persoas beneficiarias superaban os noventa anos de idade e 24 das atendidas eran persoas que vivían soas no seu domicilio.

Este servizo é prestado polo Concello de Friol a través de unha empresa externa, con case 40 auxiliares de axuda no fogar, todas elas mulleres, sendo este equipo o encargado de executar este programa, tanto na modalidade de Dependencia como de Libre Concorrencia.

O Alcalde, José Á. Santos quere ter unhas palabras de agradecemento a esas 40 profesionais, “sendo consciente de que ser auxiliar na atención ás persoas maiores vai máis aló da formación e da experiencia, o factor clave destas grandes profesionais é a súa vocación de axuda aos demais e a súa capacidade de adaptación para darlle a cada paciente no seu fogar o que precisa en cada momento, polo tanto, dende O Concello de Friol queremos agradecer a todas as auxiliares e coidadoras, que durante estes dous anos especialmente puxeron todo o seu esforzo para afrontar esta grave crise sanitaria. Isto non sería posible sen todas elas”.

Segundo o Alcalde indica que “o Concello está e estará ao lado dos nosos maiores, neste caso, cos que teñen algún grao de dependencia do municipio, de aí o gran esforzo que supón para o Concello que cada ano se consiga incrementar as horas de atención de dito servizo, un servizo prioritario para o Equipo de Goberno coa única finalidade de que os nosos maiores teñan unha calidade de vida digna, como merecen todos eles”.

É un servizo de gran importancia para a poboación de Friol, pois trátase de dar asistencia a unha cantidade moi importante de persoas maiores, dispersas nas 32 parroquias que conforman o municipio.