Skip to main content
Guitiriz

Denuncian en Guitiriz destrozos vandálicos nos tronos dos Reis Magos

Por 8 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz denunciou onte ante veciños e a Garda Civil os actos vandálicos producidos contra os tronos dos Reis Magos que estaban situados no Campo da Feira á espera de ser recollidos pola empresa contratada.

O Concello solicitou a través de diferentes comunicados a colaboración dos veciños para esclarecer estes feitos, “que non é a primeira vez que se producen” para atopar aos culpables e se fagan cargo desta falta.

“Un acto de vandalismo, sen sentido algún e totalmente incívico, que xa foi denunciado polo Concello ante a Garda Civil. Facemos un chamamento á responsabilidade xa que só entre todos podemos coidar o que é un ben común e non podemos esquecer que este tipo de danos pagámolos todos”, explicaban dende o Concello.

Todo o decorado sufriu desperfectos, en especial un dos asentos, ao se se lle rompeu todo o lateral.