Skip to main content
Axenda TERRACHÁXAGuitiriz

Nova xornada do programa Guitiriz en ruta este domingo

Por 24 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Continúa este domingo a programación da cuarta edición do programa Guitiriz en Ruta.

Comezará ás 10:00 horas saíndo do campo da Feira de Guitiriz para percorrer a Ruta da Auga e da Pedra. A andaina, de dificultade baixa, está aberta ao público en xeral. Para poder acudir é necesario anotarse antes do 28 no Concello chamando ao 98237 01 09.

Dentro do proxecto Guitiriz en Ruta haberá unha andaina cada mes. As datas seguintes serán:

  • Domingo 20 de febreiro. Ruta do Río Requeixo.
  • Domingo 27 de marzo. Fragas do Eume.
  • Domingo 24 de abril. Cova da Serpe.
  • Domingo 29 de maio. Miradoiro da Terra Chá.

As rutas que teñan lugar fóra de Guitiriz terán un custe de 5 euros e o resto serán gratuítas. O Concello invitará a un avituallamento tamén nas de fóra do Concello; e para as das Fragas do Eume será necesario levar o xantar.