Skip to main content
Guitiriz

O Concello de Guitiriz dixitalizará o arquivo desde o ano 1836 ao 1959

Por 26 Xaneiro, 2022Xaneiro 27th, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz ven de adxudicar os traballos de dixitalización do Arquivo Municipal, un proceso que se leva a cabo co fin principal de garantir a preservación dos documentos que se conservan.

O obxectivo é: evitar o deterioro físico ocasionado polo manexo manual, conservar os contidos a longo prazo, identificar e describir os documentos dixitalizados cos seus correspondentes esquemas de metadatos, procurar o acceso a estes e poder difundilos a través da páxina web e, ademais, integralos no sistema de arquivo electrónico do Patrimonio de Galicia.

O proxecto, valorado en 42.046,95 euros, permitirá dixitalizar un total de 59.913 páxinas e 416 expedientes. O material tratado é dun alto valor patrimonial e histórico xa que data desde o ano 1836 ao 1959. Entre os documentos poden atoparse algúns como: Construción dun cemiterio musulman en Guitiriz (1937), Epidemia de gripe (1957), Desobediencia do alcalde de barrio (1926), Alteración da orde por cantar (1947), ou Consumos de cereais no 1919.