Skip to main content
Guitiriz

Celebran o luns en Guitiriz unha charla para informar sobre os novos parques eólicos

Por 28 Xaneiro, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz organiza o luns, 31 de xaneiro, ás 12:00 horas no Restaurante La Casilla unha charla para informar aos veciños/as sobre a instalación de novos parques eólicos no termo municipal.

A sesión correrá a cargo de José Antonio Diéguez e Jacobo Feijoo Lamas, da Asociación Ventonoso, unha entidade para a promoción e fomento das enerxías renovables e a conservación do medio ambiente.

O obxectivo deste encontro é explicar a situación na que se atopa cada un dos parques eólicos que afectan a Guitiriz e asesorar á veciñanza sobre as posibilidades que teñen.