Skip to main content
Meira

O alcalde de Meira infórmase sobre a ampliación do polígono e do PAC

Por 15 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha reunión co alcalde de Meira, Antonio de Dios, para informalo dos avances nalgunhas das obras e mellora de infraestruturas que a Xunta de Galicia iniciará ao longo de 2022, especialmente do relativo á ampliación do polígono industrial e da tamén ampliación e mellora do PAC e do centro de saúde do municipio.

Para ámbolos dous proxectos, o Goberno Galego xa consignou sendas partidas nos orzamentos de 2022, que destinarán 515.000 euros á nova fase para ampliar en máis de 23.000 metros cadrados o parque empresarial de Meira, e 300.000 máis ao proxecto que mellorará ás instalacións do PAC e do centro de saúde, que presta servizo a residentes doutros concellos veciños.

A reunión tamén serviu para falar do proxecto de ampliación e unificación nas mesmas instalacións da Oficina Agraria Comarcal e da Demarcación do Distrito Forestal de Meira, co obxectivo de ofrecer unha mellor atención aos veciños deste concello e da súa comarca.