Skip to main content
Meira

O PP de Meira reparte un boletín entre a veciñanza

Por 22 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Partido Popular de Meira traslada a todos o veciños do municipio o seu traballo cun boletín informativo e a xestión “demoledora e desastrosa de Antonio de Dios”. A publicación, que tamén pon en valor os investimentos da Xunta en dita localidade, está a ser repartida tanto de xeito presencial polos edís populares como nun envío aos domicilios.

De xeito explícito, destácase que o Grupo Municipal pediu en varias ocasións ao goberno local a aprobación de axudas para os sectores máis castigados pola pandemia, así como que a orientadora laboral -financiada integramente pola Xunta de Galicia-, fose a Meira máis dun día cada quince.

Os populares tamén poñen o foco “nos incumprimentos do goberno local”. Neste senso, denuncian que o equipo de goberno “non actualiza o Plan Xeral de Ordenación Municipal, a pesares de que isto non tería ningún custe para o Concello porque é subvencionado na súa totalidade pola administración autonómica. Iso sí, o alcalde si que se preocupou de crear unha nova taxa pola extracción da madeira para recadar a costa dos veciños”, afirma o voceiro Carlos Veiga.

Asemade, denuncian que o rexedor socialista “deixase escapar” unha boa inversión como a compra da antiga fábrica do leite Vega de Oro para facer un aparcadoiro ou un centro multifunción no centro da vila. “Sen embargo, os socialistas optarán por facer un a máis de medio quilómetro da praza”, critica o voceiro do PP.

Apoio da Xunta

A publicación recolle os principais investimentos do Executivo de Feijóo, “como exemplo do compromiso dos gobernos do PP coa provincia e, de xeito concreto, con Meira”.  É o caso dos 300.000 euros para mellorar e ampliar o centro de saúde que, como cabeceira de comarca, atende á poboación de seis municipios; ou os 46.500 para a ampliación do depósito  e edificación de tratamento anexo na ETAP da Gañanova. A adquisición dunha coitela de neve, o acondicionamento do acceso ao núcleo de Azoreira, a construción dunha pista de pádel ou as 77 axudas do Plan de Rescate por valor de máis de 147.000 euros dirixidas aos sectores afectos tamén figuran no boletín elaborado polos populares meiregos.

Finalmente, os populares tamén expoñen que “as inversións da Xunta puideron ser máis pero o goberno municipal estimou que non era necesario nin tan sequera pedilas. Tal é así que Meira foi o único concello da zona no que non houbo un obradoiro de emprego e, este ano, tampouco terá axente de emprego porque o goberno local non solicitou a axuda do Goberno galego”, din.