Skip to main content
Muras

Imparten en Muras un curso sobre transporte de animais vivos

Por 26 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Muras acolle o vindeiro mes un curso sobre transporte de animais vivos, organizado pola asociación Atila, Amigos dos Cabalos.

Contará cunha duración total de 20 horas, en horario de 9:00 a 14:00 ao longo de 4 días, (12, 13, 19 e 20 de febreiro). O lugar de celebración aínda non está concretado pero procurará ser en Muras e non ser así irán ás instalacións de Forma-T en Vilalba.

Así, esta formación ten como obxectivo ofrecer aos alumnos os coñecementos necesarios neste eido para que poidan desenvolver debidamente todas as tarefas relacionadas co transporte de animais, dende dar de alta un remolque, desprazar animais ou xestionar os Sandach (Subprodutos Animais Non Destinados Ao Consumo Humano) ata resolver calquera imprevisto que teña lugar durante esta práctica.

Unha vez rematada a formación realizarase un exame en Ribadeo, o luns 21 de febreiro, na sede da Xunta. O curso ten un custe de 144 euros, pero será máis económico para veciños do Concello e socios de Atila.

Os interesados en participar nesta acción formativa poden poñerse en contacto coa directiva do club no teléfono 667 609 990 ou no correo atilamuras@gmail.com.