Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Xa hai gañadores do certame de poesía da biblioteca de Outeiro de Rei

Por 14 xaneiro, 2022Sin comentarios

A Biblioteca Pública Municipal de Outeiro de Rei deu a coñecer a relación de gañadores do Certame de Poesía Infantil Nadal 2021 na fase local do concurso. Así, houbo tres gañadores na categoría A, de ata 8 anos, que corresponderon a Dafne Peña Piñeiro (6 anos), Sofía López Gallego (7 anos) e Noa López Sarceda (8 anos). Ademais outorgáronse dous acceit, un a Irene Sotillo Izquierdo (8 anos) e outro para Roque Vilela García (8 anos).

Na categoría B (para pequenos de 9 a 11 anos) o primeiro premio foi para Martín Vázquez Arnés (11 anos), seguido de Daniel Vidal Martínez (11 anos) e Iris Peña Piñeiro (11 anos). Ademais, o xurado concedeu un accesit a Carla Lence Liste (11 anos).

A organización indicou que proximamente darase a coñecer o día e hora da entrega de premios.