Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Os traballadores de Tegestacín concéntranse á entrada da factoría

Por 13 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Un grupo de traballadores de Tegastacín, a empresa que ocupou as instalacións da fallida Alimentos Lácteos, concentrouse diante da empresa este mediodía para protestar “pola situación de impago dos salarios do mes de decembro e na eventualidade da falta dunha solución para a factoría”.

O comité de empresa celebrou tamén hoxe unha reunión co persoal sobre o avance da situación dentro do ERE convocado pola empresa tralo anuncio de peche, feito oficial antes de Nadal.

Dende a CIG denúnciase publicamente esta situación, “sendo intolerable a actuación da empresa, mantendo unha actividade productiva e de ventas reducidas, pero que non están a traducirse na garantía do pagamento dos salarios do persoal. Tamén lamentamos a falta de actuacións claras da empresa para darlle unha solución ás instalacións da factoría no que, claramente está a ser unha operación especulativa, para a venda das instalacións e o traslado da actividade productiva cara outras empresas do grupo”.

Esta situación será trasladada á Xunta nunha reunión prevista co comité, “na necesidade dunha implicación real da administración galega para atopar unha solución á factoría”.