Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Seleccionan un logopeda para a atención temperá en Outeiro de Rei

Por 22 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Coesco selecciona un/unha logopeda para o servizo de atención temperá de Outeiro de Rei, que atende a nenos e nenas de entre 0 e 6 anos con transtornos no desenvolvemento.

As responsabilidades principais destes posto de traballo é dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presenten nenos e nenas con transtornos no desenvolvemento, facilitando a súa autonomía persoal e a inclusión social.

Para acceder ao traballo requírese diplomatura ou grao en logopedia. Especialidade en desenvolvemento infantil e atención temperá e/ou apoio familiar, ou acreditar experiencia suficiente no ámbito de atención sanitaria ou sociosanitaria.

Os interesados poden enviar curriculum a empresas@coescoformacion.com.