Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Convocan en Outeiro de Rei un curso de poda e enxerto en froiteiras

Por 24 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei organiza un curso de poda, enxerto e plantación de froiteiras que terá lugar, sempre que exista demanda suficiente (un mínimo de 10 solicitudes), do 5 de febreiro ao 12 de marzo de 2022.

Este curso desenvolverase os sábados en horario de 10:00 h a 14:00 h; a parte teórica realizarase no Centro Cultural de Robra estando previsto que as sesións prácticas teñan lugar en fincas municipais.

Para este curso ofértanse 15 prazas que serán cubertas por orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Outeiro de Rei. A cota de inscrición é de 40 euros e deberá facerse efectiva antes do inicio da actividade.

As persoas interesadas poderán realizar a inscrición ata o 31 de xaneiro no propio Concello, no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local ou chamando ao 982 393 382, en horario de 9:00 a 15:00 horas.