Skip to main content
A Pastoriza

Organizan un obradoiro e un concerto de percusión na Pastoriza

Por 29 Xaneiro, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Hábitat Cultural Fogar de Maeloc da Pastoriza acollerá o día 19 de febreiro un obradoiro de percusión africana xunto a un concerto.

Será o sábado 19, de 5 a 7 da tarde e está dirixido a todas as idades, non é necesaria experiencia previa nin levar instrumentos.

A aportación é de 10 euros, e as prazas son limitadas por orde de inscrición.

Unha vez finalizado o obradoiro, haberá un concerto no que se admite unha doazón.

Os interesados en participar poden facelo no teléfono 622 913 968.