Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Os Reis Magos visitaron hoxe o colexio de Pol

Por 10 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Os Reis Magos non quixeron deixar de lado este ano a Pol polo que hoxe estiveron no centro escolar local para visitar aos nenos e nenas do municipio que este ano non puideron ver a cabalgata polas súas rúas xa que por segundo ano consecutivo non se celebrou debido á alta incidencia da covid.

Melchor, Gaspar e Baltasar polo tanto acudiron ao colexio na xornada de volta ás aulas tralas vacacións e visitaron as distintas aulas da man da Asociación de Mulleres Rurais Olvido, que todos os anos é a encargada de organizar a Cabalgata en colaboración co Concello.

Os pequenos recibiron de mans das súas maxestades un pequeno agasallo.