Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

As Mulleres Rurais de Pol amplían o catálogo de actividades

Por 12 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A Asociación Mulleres Rurais de Pol amplía o seu catálogo de cursos anuais dirixidos a toda a poboación do Concello. De feito, tralo parón polo covid retomaron este outono as súas actividades. Así, imparten ioga, bolillos, pilates e restauración de mobles además de clases de piscina e aguagym.

Os luns teñen lugar as clases de ioga de luns a venres de 16.00 a 17.00 horas, dirixidas por Donvina e o martes é a vez das de bolillos, a cargo de Milagros, de 16.30 a 18.30 horas. A primera celébrase na caseta da Carballeira e a segunda na bilioteca.

Ademais, o mércores contan con piscina y agyagym, de 21.30 a 22.15 horas, a cargo de Miguel na piscina da Pastoriza e os xoves e venres toca restauración de mobles, con José Luis. tamén en horario de tarde no local de Mosteiro.

Tiveron grande éxito as de pilates, que se imparten os xoves de 21.30 a 22-30 horas no local da Carballeira e que agora dobran horario para celebrarse os martes de 22.30 a 23.30 horas.

Para inscribirse hai que poñerse en contacto coa asociación a través dos teléfonos 633 378 590, 666 230 570 e 616 129 825.