Skip to main content
As Pontes

Cohempo xa ten gañadores do seu concurso de decoración

Por 10 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O concurso de decoración de fiestras na campaña de Nadal organizado polo colectivo Cohempo xa ten os seus gañadores oficiais, valorados pola súa estética, orixinalidade e tamén pola sustentabilidade dos materiais utilizados.

Repartiranse un total de 3000 euros en premios en tres categorías: casas, fiestras e portais, con tres premiados en cada unha delas. Na primeira categorías os premios serán de 500, 300 e 2o0 euros e nas outras dúas de 300, 200 e 100.

Na categoría de casas, o primeiro premio foi para Vanesa Rivera Franco e o segundo para Sonia Vilaboy Filgueiras para rematar co terceiro que lle correspondeu a Mari Carmen Martínez López. Entregáronse ademais
accésits de 100 euros a María Viveiro, Cecilia García, Cristina Bouza e Mónica Gómez. O xurado acordou concederlle un accésit especial de 200 euros ao Club de Vela das Pontes.

No apartado de xanelas, gañou Sandra Permuy Domínguez, seguida de Vanessa García-Valenciano Matogueiras e Juan Antonio Anel Sebastián. Entregáronse accésit de 100 euros a Anabel Alonso, Eva María Meizoso, María Blanco, Sandra Calvo e Leticia Paz.

En decoración de portais resultaron premiadas Belén Castro Guzmán, Nory Santalla Castro e Rocío Gago Domínguez.