Skip to main content
As Pontes

As Pontes inviste máis de 71.000 euros nos accesos centros educativos

Por 5 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello das Pontes inviste 71.370 euros, de fondos municipais, nas obras de mellora da accesibilidade, pavimentación e saneamento do calexón de acceso ao CEIP A Fraga e nos traballos de cobertura da zona de entrada ao CEIP A Magdalena.

Os traballos no CEIP da Fraga están destinados a mellorar as eivas existentes no pavimento da zona de acceso ao centro e a aumentar a seguridade da veciñanza mediante a demolición de parte do pavimento e a súa substitución por unha soleira de formigón coloreado que, asi mesmo, permitirá mellorar a accesibilidade desde a beirrrúa da Rúa Doutor Varela González.

Ademáis procederase á instalación dun novo colector de augas pluviais para evitar a creación de poceiras na zona e executaranse novos sumidorios.

No caso do CEIP A Magdalena os traballos están dirixidos á creación de dúas estruturas metálicas con paneis de policarbonato, de 30 m², que permitirán protexer ao alumnado da climatoloxía adversa, sen dificultar o paso da luz, na área de acceso ao centro escolar.

Con tal obxectivo está sendo executada unha estrutura, que cubrirá o acceso principal e unha pérgola para a entrada lateral estando prevista, nesta zona, unha ampliación dun metro no ancho da beirrarúa co obxectivo de facilitar á accesibilidade dos alumnos e alumnas. Ambas construcións alcanzarán unha altura de 3,40 na súa parte mais alta e de 3,00 m na zona mais baixa.