Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rábade celebra este ano un San Vicenzo restrinxido pola covid

Por 19 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Rabade acollerá esta fin de semana a súa tradicional festa de San Vicenzo, a primeira festa do ano para o Concello que este ano contará unicamente con apartado musical debido á alta incidencia da covid, polo que non haberá exaltación do Mexillón como todos os anos e tamén queda aprazada para máis adiante a carreira Memorial de Atletismo Eduardo Fernández Villamarín (Negrín), que este ano conta coa XIX edición.

Este ano, o programa festivo arrincará o venres 21 de xaneiro cun concerto de El Pacto Rock Band, que contará tamén coa presenza do saxofonistas de Fito y Fitipaldis. Este concerto será ás 22.00 horas na praza da España (Prazuela).

Para o sábado está programado outro concerto, a cargo de América, tamén á mesma hora e no mesmo lugar. Ao remate desta sesión musical haberá unha descarga de fogos de artificio.

Para asistir ao concerto será necesario presentar o certificado covid xunto co DNI e reservar con antelación o asnto xa que o aforo será limitado. O teléfono de reserva é o 982 390 062 (ext. 2).

Segundo comunicaron dende o Concello a intención á celebrar en próximas datas a festa do Mexillón, pero consideran “que agora mesmo non é recomendable promocionar este tipo de reunións pola alta incidencia da covid”. Aínda así, non descartan celebralo en datas próximas se a situación mellora.

Outra das aprazadas, sen data todavía fixa, é o Memorial de Atletismo Eduardo Fernández Villamarín (Negrín), na súa XIX edición. Finalmente non se celebrará aínda pero queda pendente doutra data en canto a situación sanitaria o permita.

Estas tres celebracións tiñan lugar todos os anos en Rábade de forma conxunta para recibir o novo ano, pero nesta ocasión decidiron dividilas ata que a situación mellore.